Comeza a construción da pérgola da nova Estación de Autobuses de Ribeira

20 Xullo 2021

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para construír a pérgola da nova Estación de Autobuses da cidade. Os labores comezaron logo de dúas semanas de tarefas previas (por exemplo o traslado das marquesiñas provisionais á beirarrúa de enfronte e o valado da zona de actuación). A nova pérgola servirá de apeadoiro central da estación. A entidade adxudicataria é a UTE formada por Canarga S.L. e Abeconsa S.L.U., conforme a un prezo de adxudicación de 284.707 euros, IVE incluído.

Segundo o proxecto técnico, a infraestrutura estará conformada por cinco grandes bóvedas en forma de tella de 14,35, 13,14, 11,56, 14,91 e 13,79 metros de longo, con alturas que oscilan na parte superior entre os 4,15 e os 4,65 metros.

Os arquitectos responsábeis da mesma, Santiago Rey Conde e Ismael Ameneiros Rodríguez, defínena como “un deseño atemporal, non lineal, con zonas de espera sentadas, espazos abovedados que amplían a contorna e formas alargadas que permiten proxección a gran cantidade de xente”.

A pérgola estará orientada lonxitudinalmente en sentido norte-sur para minimizar a exposición aos ventos do sur, informou o Concello, engadindo que contará con viseiras de protección a leste e oeste que tamén darán acubillo fronte aos ventos ao tempo que ofrecen zonas de espera cubertas para os autobuses.

Como materiais, empregarase formigón coloreado, ademais de inserir lucernarios de vidro circulares para fornecer de luz natural e un revestimento exterior con elementos cerámicos dirixido á protección das cubertas e á impermeabilización, achegando tamén maior resistencia ao ambiente mariño e como imaxe característica do conxunto.

Ademais, o proxecto técnico inclúe a introdución de vexetación para a mellora de condicións ambientais e mobiliario urbano que axude a dar carácter e definir os espazos, emprazados sobre unha superficie de 1.300 metros cadrados no remate da avenida do Malecón.

De xeito paralelo o Concello sinalou que está na súa fase final o procedemento de contratación dunha obra dirixida a reformar unha das naves portuarias lindeiras co fin de habilitar unha zona de espera así como ofrecer servizos como despacho de billetes. O seu orzamento base de licitación é de 71.847 euros, IVE incluído. Hai sete empresas presentadas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...