Boiro acolle a gravación do programa da TVG 100 anos de verbena galega

21 Xullo 2021

Boiro acolle este 24 de xullo a gravación do programa 100 anos de verbena galega da Televisión de Galicia, unha serie de programas musicais que serán emitidos na canle autonómica. Na presentación da actividade participaron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Cultura, María Outeiral, o director artístico, Dani Dopazo, e o director do programa, Carlos Alleres.

Tres dos capítulos da serie 100 anos de verbena galega serán gravados o sábado en Boiro para a súa emisión os venres durante o verán. Nesta ocasión a musica soará da man de La Ocaband con 12 persoas convidadas pertencentes a outras orquestras da nosa terra que van repasar a música e historia de épocas polas que pasou a verbena galega.

Os anos polo que se vai facer repaso é o fin de século, década dos 90, o comezo de século e actualidade ata os nosos días. Ademais da parte musical, a emisión do programa inclúe imaxes do municipio que contribúen á difusión turística do mesmo.

A capacidade do público é limitada e require inscrición previa. Para poder asistir, as persoas interesadas deben coller as invitacións de maneira presencial na oficina de turismo do Concello de Boiro a partir deste xoves 22 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 ou de 17.00 a 20.30 horas. Terán prioridade os convites pero, no caso de non completarse aforo, poderase entrar no momento do espectáculo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.