Bando da Alcaldía de A Pobra pola COVID-19

28 Xullo 2021

D. José Luis Piñeiro García, alcalde-presidente do Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña),

FAI SABER: Que a evolución da pandemia provocada pola COVID-19 no noso concello foi
moi desfavorábel dende a publicación do anterior bando, no luns 12 de xullo de 2021. Naquel
momento os casos diagnosticados a 14 días eran 24 e a incidencia acumulada era de máis de 250
casos por cada 100 000 habitantes. O incremento dende aquela foi notábel, pois superouse
varias veces o máximo de casos a 14 días no que vai de pandemia; situámonos no día de hoxe
en 90 casos, achegándonos a unha incidencia acumulada de 1000 casos por cada 100 000
habitantes. O empeoramento tivo lugar non só no noso concello, senón en moitos outros da
comarca e de Galicia, ata situármonos nun contexto no cal controla-lo gromo no noso concello é
complicado, pero vese agravado polo risco continuo da aparición doutros novos relacionados
coa mobilidade laboral entre os concellos limítrofes ou co incremento de desprazamentos e
maior interacción social que se produce neste período do ano, como consecuencia do bo tempo
e por se tratar dunha época tipicamente vacional.
Polo tanto, témo-la obriga de darlles continuidade ás medidas extraordinarias de protección
fronte á transmisión do virus.
As presentes medidas extraordinarias serán de aplicación a partir do día 28 de xullo de 2021 e
permanecerán en vigor ata a publicación dun novo bando.
Estabelécense as seguintes MEDIDAS:
Primeira. Procédese á suspensión de tódalas actividades previstas na programación cultural,
festiva e turística do noso concello.
Segunda. Anúlanse os permisos para a realización de espectáculos musicais en
estabelecementos privados que precisen dunha autorización por parte do Concello.

Terceira. O parque do Castelo, a praza Alcalde Segundo Durán, os Xardíns de Valle-
Inclán e as praias quedarán pechadas ó uso público dende as 0:00 horas ata as 6:00 horas.

A Policía municipal intensificará a vixilancia no control de aglomeracións e das actividades
prohibidas relacionadas co consumo de bebidas alcohólicas.
Cuarta. Non se permitirá o uso das diferentes dependencias municipais para actividades
extraordinarias de carácter privado. Si se autorizará o seu uso por parte de entidades asociativas
que o veñan facendo de maneira regular, sempre dentro das medidas de prevención exixidas
segundo o nivel de restrición no cal se atope o concello.

Estabelécense todas estas medidas sen prexuízo doutras que se puideren tomar con
posterioridade e de todas aquelas que ditaminaren as autoridades sanitarias, tanto no nivel
autonómico coma no estatal.
O que fai público para xeral coñecemento e efectos

A Pobra do Caramiñal, na data da sinatura dixital

O alcalde

Outros artigos

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...