O xoves irá aumentando a inestabilidade pola entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera. Agárdase unha xornada con nubes baixas e néboas nas comarcas próximas ao litoral. Pola tarde medrarán nubes de evolución que poden deixar algún chuvasco tormentoso, máis probable nas zonas altas das provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentras que as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

O NOSO MAR: Vento do noroeste á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0 a 0.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:13 | 3.4 m |
| Baixamar | 09:22 | 0.8 m |
| Preamar | 15:35 | 3.6 m |
| Baixamar | 21:53 | 0.7 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:03 | 3.3 m |
| Baixamar | 09:11 | 0.9 m |
| Preamar | 15:28 | 3.6 m |
| Baixamar | 21:44 | 0.7 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:09 | 3.3 m |
| Baixamar | 09:17 | 0.8 m |
| Preamar | 15:33 | 3.6 m |
| Baixamar | 21:49 | 0.7 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



