Até 752 camiñantes participaron na nova Andaina Solidaria de CONGALSA, que recadou 10.000 euros

07 Xullo 2021

A empresa alimentaria CONGALSA, con sede principal na Pobra do Caramiñal, vén de facer balance da que sería a máis popular das súas moitas iniciativas socialmente responsábeis: a súa Andaina Solidaria, que chegou este 2021 á súa sexta edición. Segundo fixo saber a compañía de produtos do mar, un total de 752 persoas participaron nesta sexta convocatoria, que se desenvolveu durante todo o mes de xuño e que propuña aos participantes, de xeito virtual, percorrer un treito do percorrido ou ben participar de maneira altruísta coa compra do dorsal “0”.

O número global de quilómetros percorridos, 3.937, converteuse en euros automaticamente. Porén, a dirección de CONGALSA decidiu redondear a cifra até os 10.000 euros para destinar ás familias máis necesitadas do Barbanza e tamén a outras na contorna de Sulpasteis, a factoría portuguesa que a empresa da Pobra mercou o ano pasado.

Parte destes fondos xa se entregaron aos responsábeis de Cáritas Ribeira e Cáritas A Pobra do Caramiñal, por parte do director de Recursos Humanos da empresa, Juan Carlos Rama, e da directora de Relacións Externas, Isabel Cañas.

A entrega á ONG portuguesa Bombeiros Voluntarios de Arganil, realizarase nos vindeiros días.

España, Portugal e Estados Unidos

CONGALSA explicou nun comunicado que a diferenza do que viña acontecendo antes da pandemia de COVID-19, nesta ocasión a andaina desenvolveuse “en aberto”, por segundo ano consecutivo, non só para as traballadoras e traballadores da empresa, senón tamén para familiares, amigos, representantes de entidades colaboradoras e, en definitiva, “todo aquel que quixese colaborar con independencia da súa localización xeográfica”. Desta maneira, inscribíronse na andaina persoas situadas en diferentes puntos de España, Portugal e, mesmo, Estados Unidos.

Tamén participaron numerosos traballadores da empresa e máis da firma portuguesa Sulpasteis.

Igualmente, implicáronse na andaina unhas 60 persoas convocadas por Cáritas Ribeira.

Amais, representantes do mundo institucional, como a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na iniciativa. Pero tamén o fixeron persoas procedentes da política local, do mundo empresarial ou do tecido social e deportivo da comarca do Barbanza, así como escolares do CEP Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.