As paraxes naturais de Ribeira, Dodro, Outes e A Pobra acollen espectáculos do Festival Atlántica

Na súa novena edición, o Festival Atlántica de espectáculos de narración oral vai recalar en tres concellos da nosa comarca: Ribeira, A Pobra, Outes e Dodro. En todos estes municipios a organización do certame programou importantes actividades (unha decena) nalgúns dos seus espazos máis singulares, como por exemplo o Castro da Cidá en Ribeira, o parque da Punta do Castro en Castiñeiras, a praia de Broña en Outes ou o Castro da Croa na Pobra do Caramiñal.

En Ribeira

Polo que se refire a Ribeira, fai parada neste concello por vez primeira. Haberá dous espectáculos: un de Xurxo Souto e outro de Paula Carballeira. As citas serán os días 4 e 8 de xullo e ambas as dúas funcións son gratuítas, pero para asistir cómpre reservar previamente na web festivalatlantica.gal. As actividades son posíbeis grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e mais o Concello de Ribeira.

Este xoves 8 de xullo, Paula Carballeira brindará unha sesión do espectáculo Os camiños máis longos no parque da Punta do Castro. A partir das 21 horas o público adulto terá unha cita cos contos que se atopan nos camiños que se percorren devagar, con curiosidade e as orellas ben abertas. Cómpre reservar previamente na web festivalatlantica.gal

A Pobra do Caramiñal

O Festival Atlántica estréase Pobra do Caramiñal e faino enchendo de contos lugares como a praia da Illa, o Castro da Croa ou a Serra do Barbanza. Actuarán José Luis Gutiérrez Guti, oa derradeir data desta cita será este venres 9 de xullo. Os espectáculos son gratuítos pero para asistir cómpre reservar por adiantado a través da web festivalatlantica.gal. Estas actividades son posíbeis grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e mais o Concello da Pobra do Caramiñal.

Dodro

Están previstas as seguintes actividades ao abeiro de Atlántica: o día 10 de xullo ás 21 horas actuarán Rilo e Penadique no Lavadoiro de Lestrobe, achegando o espectáculo Lavandeiras.

Vero Rilo e Sonsoles Penadique achegan con Lavandeiras un espectáculo de narración oral que vai contar con música ao vivo, cantos e lendas, todos os elementos dispostos para mostrar a nosa tradición a través dun oficio tan importante como o que se levaba a cabo nos lavadoiros.

A outra cita será o martes 20 mar ás 21 horas no Lavadoiro de Lestrobe.

En Outes

Na súa novena edición, o Festival Atlántica de narración estrea sede en Outes, onde ten previsto ofrecer catro espectáculos os días 3 e 10 de xullo e 13 de agosto. Nesta ocasión achegaranse ata o concello as historias do guineano Marcelo Ndong, a salmantina Eugenia Manzanera e mais o galego Xurxo Souto. Todas as funcións son gratuítas, pero para asistir cómpre reservar previamente no correo cultura@outes.gal.

O sábado 10 de xullo, será o guineano Marcelo Ndong quen se achegue ata o concello de Outes para agasallar o público adulto cunha función de Que fan os fang cando contan contos. O espectáculo será no cruceiro de Roo a partir das 21 horas.

O peche das actividades de Atlántica en Outes será o venres 13 de agosto e virá da man de Xurxo Souto. O público adulto está convidado a gozar con O retorno dos homes mariños a partir das 21 horas na terraza do centro náutico do Freixo.