As augas da comarca de Barbanza acollen a X Edición da Regata CONGALSA

09 Xullo 2021

A comarca de Barbanza acolle a X Edición da Regata CONGALSA unha das grandes citas de vela que non se puido disputar o ano anterior por mor da pandemia.

O Ziralla Primero atópase entre as embarcacións que tomarán a saída na regata

Este sábado 10 de xullo reuniranse unha vintena de unidades na ría de Arouse co fin de navegar ata a illa de Sálvora, todo un clásico organizado polo Club Náutico Deportivo de Ribeira.

En total participarán sete entidades, entre as que destacan o Club Náutico Boiro, o Club de Yates de Vilagarcía, o Club Náutico Arousa Norte, o Ro Yacht Club, o Monte Real Club de Yates de Baiona, o Club Náutico de Rianxo e o anfitrión, o Deportivo de Ribeira.

Por embarcacións, participarán veleiros tan destacados como Corsario, de Javier Durán; o Ziralla Primero, de Ramón Barreiro; o Camping Ría de Arosa, de José Manuel Pombar; o Moucho, de Daniel Ayaso; o Piko Norte, de José Manuel Castro; o Orlando, de Gerardo Sánchez-Brunete; ou o Chispetrén, de Jesús Iglesias, entre outros moitos.

A saída está programada ás 14:00 horas, pero haberá unha reunión previa de patróns ás 12:30 horas, nas que se tratarán temas como as posibles alternativas da acometida dende o norte ou o sur, dependendo das condicións do mar e do vento. De feito, no caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan as adecuadas, o comité ten previsto diversas alternativas.

A entrega de premios será ás 19:00 horas. Nela estará presente o director de Recursos Humanos de CONGALSA, Juan Carlos Rama; a Directora de Relaciones Externas, Isabel Cañas; e Luis Simarro, en representación do director xeral da compañía.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.