Adxudicada a mellora do firme na travesía de Esteiro, en Muros, que comezará nas vindeiras semanas

07 Xullo 2021
Esteiro Muros

A Xunta adxudicou as obras de acondicionamento do firme na travesía de Esteiro, en Muros, que comezarán nas vindeiras semanas. Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L por un importe de máis de 48.000 euros, terán un prazo de execución de 3 meses.

Trátase da reparación da capa de rodadura do treito da estrada AC-550 comprendido entre o punto quilométrico 52+820 e o 53+280, tras o afundimento das gabias dos servizos existentes.

Esta intervención incluirá o fresado de dúas cuñas triangulares de base 2 metros e 5 cm de altura na parte exterior de cada carril coa fin de darlle encaixe a unha nova capa de rodadura. Posteriormente, procederase ao estendido de 5 cm de mestura bituminosa en quente como capa de rodadura sobre o firme existente.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica coa fin de reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.