A Escola de Música de Rianxo e o Concello organizan a dezaseis edición do Ciclo de Bandas

A edición dezaseis do Ciclo de Bandas – Concello de Rianxo comeza este domingo 1 de agosto, cunha actuación da Banda de Música Cultural de Teo. As reservas para o primeiro dos concertos poden facerse xa a través da web municipal, sendo este xoves 29 (ás 12.00 horas) a data límite. O festival vén da man da Escola de Música de Rianxo xunto co Concello e a colaboración da Deputación da Coruña. 

Nesta edición contarase con tres bandas de música:

1 de agosto: Banda de Música Cultural de Teo. 

22 de agosto: Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal. 

29 de agosto: Banda da Escola de Música de Rianxo. 

Por outra banda a Escola de Música de Rianxo ten aberto o prazo, ata o 31 de xullo, para a reserva de praza de cara ao curso 2021/2022, que se pode facer a través dunha ligazón específica en liña.