A Ecobrigada de Amicos inaugura o xardín botánico das Bodegas Granbazán logo da súa restauración

08 Xullo 2021

A Ecobrigada de Amicos vén de rehabilitar o xardín botánico das Bodegas Granbazán (Vilanova de Arousa), despois de dous meses de traballo. Para conmemorar o remate das tarefas de posta en valor da importante contorna ambiental das adegas, tarefas desenvolvidas por persoas con discapacidade, rematouse o proxecto coa colocación dunha placa en madeira. Na placa, colocada na mañá deste 8 de xullo, reza a seguinte mensaxe: Este xardín botánico foi rehabilitado pola Ecobrigada de Amicos.

O acto estivo presidido por Adolfo Picáns, director financeiro da adega; Carina Vázquez, responsábel de Enoturismo e RRPP da Bodega; xunto a Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova e Javier Tourís, o tenente alcalde da Corporación. Por parte de Amicos, estivo presente toda a Ecobrigada de actuación que fixo o traballo durante estes meses; Ana Isabel Melón, secretaria da xunta directiva; Miguel Beiro, responsábel da área de emprego; e Keltoi Cameán, técnico de emprego e empresas da asociación.

Declaracións no acto

“Quero dar as gracias en nome de todos os meus compañeiros a Granbazán por darnos este traballo. Gustoume moito facer este xardín botánico que ten moitas especies e foi moi especial”, así mostraba a súa ledicia Manuel García, técnico da Ecobrigada de actuación neste traballo.

“Agradecemos o apoio ás persoas con discapacidade por parte da Bodega Grabazán. A través deste espazo inclusivo conseguiuse o desenvolvemento persoal e profesional destas persoas. Facemos un chamamento a todas as empresas para que coñezan a Ecobrigada de Amicos e se aseguren de que a discapacidade pode ser un gran motor de cambio”, explicaba Ana Isabel Melón, secretaria da Xunta directiva da asociación.

“Vimos unha oportunidade perfecta para rehabilitar este xardín a través dos servizos da Ecobrigada. Estamos moi contentos cos resultados. Déronnos un selo de calidade con esta recuperación, xa que puxemos en valor o traballo humano das persoas con discapacidade e o coidado da natureza”, expresaba Adolfo Picáns, director financeiro da adega.

“O labor de Amicos é meritoria, estamos encantados de colaboracións coma estas. Deste xeito, poñemos en valor as persoas con discapacidade e eles séntense que valen como o cremos todos nós”, concluíu o alcalde, Gonzalo Durán, con estas palabras.

O acto rematou coa proxección dun vídeo do labor que fixo a Ecobrigada nesta adega e unha visita ás instalacións.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.