A comarca mobilízase para esixir xustiza para Samuel. Concentracións en Noia, Ribeira e Rianxo

05 Xullo 2021

A nosa comarca vaise mobilizar estes luns para mostrar a súa total e absoluta repulsa en contra do asasinato do rapaz Samuel Luiz na Coruña, á porta dunha discoteca onde foi obxecto dunha salvaxe malleira perpetrada por un nutrido grupo de persoas. As mobilizacións contra o crime e contra o que se considera xa un novo e dramático caso de homofobia, estanse a desenvolver e convocar nas redes baixo o cancelo #XustizaParaSamuel.

Se ben o epicentro é na praza de María Pita na Coruña (ás 20.00 horas), a concentración terá resposta en ducias de cidades e vilas da nosa terra. Por exemplo en Compostela (ás 20h na praza 8 de Marzo), en Noia (ás 20.30 horas diante do Consistorio), en Ribeira (ás 20.00 horas perante o Concello) e en Rianxo (ás 20.00 horas na praza de Padrón). As mobilizacións están a ser convocadas polo movemento LGBTI galego nas prazas do país “para denunciar o asasinato homófobo acontecido na madrugada do sábado na Coruña”. 

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...