25 de xullo, O Rei presidirá a Ofrenda ao Apóstolo nun domingo que volverá reunir ao Real Padroado de Santiago


Interior da SAMI Catedral de Santiago, retirándose a cápsula que protexia o Pórtico da Gloria

Galicia celebrará o seu día grande neste ano Santo 2021-22. Os actos comenzaran coa tradicional ofrenda Nacional do Reino de España o Apóstolo Santiago. Sobre as 11.30 da mañá o rei Felipe VI, pasará revista ás tropas da Brigada ‘Galicia’ VII – do Exército de terra con sede en Pontevedra. As 12 e mentres a comitiva real entra na catedral polo pórtico da Gloria, sete avións da Patrulla Águila, si o tempo o permite, dibuxarán a bandeira de España sobre o ceo de Compostela.

A ofrenda será realizada polo monarca Felipe VI, acompañado da raíña Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía. O acto relixioso estará presidido polo Arcebispo metropolitano de Compostela, Monseñor Xulián Barrio Barrio e poderase seguir a través de TVG, TVE e a canle intrenacional de TVE e por internet pola Televisión de Galicia.

Amais este 25 de xullo deste 2021 reunirase o Real Padroado de Santiago, será 18 anos despois da última convocatoria. Será un encontro ao que asistirán, á parte do monarca, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez; o da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo.

Pola tarde celebrarase a tradicional misa do padroado de Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval.

Este Día de Galicia completarase coa entrega das Medallas de Galicia ao persoal que integra o dispositivo de vacinación contra a covid-19. Asistirá o xefe do Estado e está previsto tamén que acuda o xefe do executivo estatal.

A Patrulla Águila do exército do aire surcarán o ceo de Santiago

Si o tempo o permite sete cazas de Patrúlla Aguila debuxarán a bandeira española no ceo de Santiago durante o Día Nacional de Galicia.

Durante a Ofrenda terá lugar uno dos momentos máis emocionantes da xornada do día 25 de xullo e os encargados de facelo serán os pilotos de Patrúlla Águila, que sobrevoarán o ceo da cidade realizando espectaculares acrobacias.

A Patrúlla Águlia aterrou o venres no Aeródromo Militar de Lavacolla desenvolvendo unha xornada de portas abertas para os medios de comunicación e agrupación de nenos e pais de omcoloxía do CHUS.

Os integrantes da Patrulla Águila do exército do Aire no aeródromo de Lavacolla. Foto O Barbanza

A xornada do día grande de Galicia empezou a véspera cos fogos que foron lanzados desde cinco puntos da cidade as 23.30 horas. Amais os días 24 e 25 volven a sair os Xigantes da Catedral de Santiago.

Xigantes e cabezudos da Catedral compostelana

Amplo despregue de forzas de seguridade na capital galega

A presenza das máximas autoridades do estado fará que 400 axentes dos corpos e forzas de seguridade se despreguen esta fin de semana en Santiago de Compostela con motivo das celebracións nos días centrais das festas do Apóstolo da capital galega no marco deste ano Santo e do Día de Galicia.
Fontes da Delegación do Goberno en Galicia, informan que os axentes estarán despregados na capital galega por terra e aire e pertencen á Policía Nacional, Policía Autonómica e Policía Local.

Do total do dispositivo policial de seguridade uns 150 axentes corresponden á Comisaría de Santiago e uns 250 proceden doutros lugares. Por parte da Policía Local de Santiago haberá 40 axentes.

Unidades da Policia Nacional que se despregan en Santiago. Foro O Barbanza