Venres con ceo pouco nubrado ou despexado e temperaturas en ascenso. Parte do litoral da Coruña estará este venres en alerta amarela por ondada

10 Xuño 2021

Non se agardan cambios significativos para esta xornada, con Galicia na influencia das altas presións e vento intenso do nordés. Así, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados en xeral, con nubes baixas no litoral norte e formación de nubes de tormenta na provincia de Ourense que poderán deixar algún chuvasco pola tarde. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do nordés, no interior frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde; na costa os ventos serán moderados, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte, forza 5 a 6. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar05:273.3 m
Baixamar11:250.9 m
Preamar17:413.5 m
Baixamar23:540.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:173.2 m
Baixamar11:161.0 m
Preamar17:323.4 m
Baixamar23:450.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:223.3 m
Baixamar11:210.9 m
Preamar17:363.5 m
Baixamar23:510.9 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.