Unha persoa tivo que ser trasladada tras sufrir un accidente de tráfico en Outes

No 112 Galicia tívose coñecemento do sinistro, a través da chamada dun particular, ás dez da mañá. Esta persoa informaba dunha colisión entre un coche e un camión na estrada AC-550, na parroquia do Freixo de Saberdes, en Outes.

Desde o CIAE 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Muros, á Policía Local de Outes e a Protección Civil do municipio e de Vimianzo.

Nun primeiro momento, a Policía Local informaba de que non conseguían sacar a unha persoa do interior do vehículo e que o turismo tiña risco de caer, xa que estaba subido a un muro.

Finalmente, os Bombeiros sinalaron que non tiveron que realizar manobras de excarceración, pero si foi preciso estabilizar o coche para sacar ao ocupante, que tivo que ser trasladado.

Ademais, desde o 112 tamén se informou aos servizos de mantemento da estrada para restablecer e garantir a seguridade da vía.

A.D.C. Bombeiros Boiro

Unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro xunto GES MUROS e colaborando con 061 de Noia, Policía Local Outes e Garda Civil de Tráfico interviron en accidente nas proximidades de O Freixo no Concello de Outes.