Turismo da Deputación da Coruña defende en Barcelona o modelo dos parques patrimoniais e a Reserva das Mariñas

10 Xuño 2021

O vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, defenderá na feira B-Travel de Barcelona o modelo de xestión dos proxectos supramunicipais de parques patrimoniais nos que está traballando xunto cos concellos nun evento en que terá espazo propio e promocionará tamén o proxecto de Reserva da Biosfera das Mariñas. O proxecto de Parque de Ortegal, o do Megalitismo da Costa da Morte, o da Idade de Ferro da Barbanza, o Compostela Rupestre ou o do río Anllóns  ademais da Reserva da Biosfera das Mariñas centrarán a participación da Deputación da Coruña programa da feira de turismo industrial de Barcelona, B-Industrial, que se celebra dentro do salón internacional de turismo B-Travel.

Regueira e Josep Maria Pey, director de B-Industrial

“Nestes últimos tempos estamos a traballar no deseño dun modelo de actuación no patrimonio a través dos parques supramunicipais que son, ao noso ver, un exemplo de cooperación e promoción do patrimonio e, neste sentido, queremos promocionar en B-Travel estas ferramentas de especial relevancia tamén para a súa difusión e posta en valor”, sinala o deputado de Turismo e vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

Neste sentido, xunto co técnico Ángel Eiroa, defenderá na intervención oficial no programa da feira o conxunto de proxectos  patrimoniais que poden centrar a atención de representantes do sector que se dan cita na xornada profesional de Turismo Industrial nun programa no que tamén se presentará o proxecto de Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo, primeiro destino de ecoturismo certificado de Galicia por parte do técnico Diego López e o presidente José Antonio Santiso Miramontes.

“Como comprobamos en Fitur, os nosos xeodestinos son de especial interese para as demandas do sector neste momento de recuperación tras a crise imposta pola pandemia. O mercado do turismo aposta por unha oferta de calidade, con atención á paisaxe e nós podemos responder con grande nivel a esas demandas”, explica Xosé Regueira que valora moi positivamente a recepción que en Fitur tivo a presentación do proxecto de Xeoparque de Ortegal.

A Deputación da Coruña participará tamén cun stand de 24 metros nos que se distribuirá información de carácter turístico dos xeodestinos e os concellos da provincia. Neste ano B-Industrial ofrece tamén unha actividade de Escape Room arredor da espionaxe industrial na que, entre outros premios, a persoa gañadora recibirá un lote de produtos gastronómicos da Reserva da Biosfera das Maniñas Coruñesas e o Mandeo.

B-Travel é unha feira referente no sector do turismo de experiencias, con zonas expositivas que en cada edición recibe uns 36.000 visitantes e 1.233 profesionais con 189 expositores de máis de 40 países.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.