Sábado con chuvascos e baixa de temperatura

18 Xuño 2021

Non se agardan cambios significativos para o sábado así, comezaremos o día cos ceos parcialmente cubertos e co avance da xornada rexistraranse chuvascos, máis probables no interior do país e pola noite a chegada dunha fronte polo oeste deixará chuvias máis xeneralizadas. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, máximas de 18 graos. O vento soprará frouxo en xeral, de compoñente norte durante o día, rolando a compoñente oeste pola tarde e a sur pola noite, cando aumentará en intensidade, sendo forte no litoral.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do oeste á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá, 2 a 3 á tarde e 6 a 7 á noite. Forte marusía á mañá, mar ovellado á tarde e media vaga á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar05:411.1 m
Preamar12:013.0 m
Baixamar18:021.2 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar05:331.1 m
Preamar11:523.0 m
Baixamar17:531.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar05:371.1 m
Preamar11:583.0 m
Baixamar17:591.2 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...