
Como consecuencia da situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19, este Concello acordou o seguinte:
- PROHIBIR ESTE ANO A CELEBRACIÓN DAS TRADICIONAIS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN EN SOLO PÚBLICO MUNICIPAL, ÁREAS DE XESTIÓN MUNICIPAL E PRAIAS DURANTE O 23 DE XUÑO E A MADRUGADA DO DÍA
24 DE XUÑO. - PERMITIR A REALIZACIÓN DE CACHARELAS EN TERREOS PARTICULARES, DEBENDO RESPECTARSE AS CONDICIÓNS PREVISTAS PARA ESTE CONCELLO EN FUNCIÓN DO NIVEL DE RESTRICIÓNS ESTABLECIDO NA DATA DA CELEBRACIÓN 1 , ASÍ COMO AS CONDICIÓNS XERAIS, MEDIDAS PREVENTIVAS E DE SEGURIDADE QUE SE DETALLAN A CONTINUACIÓN:
Condicións xerais:
- Este Bando afecta unicamente a aquelas cacharelas que sexan realizadas en terreos particulares, o día 23 de xuño, a partir das 18.00 horas, e durante a madrugada do día 24 de xuño. En calquera caso as cacharelas deberán quedar perfectamente apagadas antes das 06.00 horas do día 24 de xuño.
- Unicamente poderán ser realizadas aquelas fogueiras que teñan efectuada a comunicación, por escrito, ao Concello de Ribeira. Estas comunicacións presentaranse preferentemente a través do Rexistro Electrónico do Concello de Ribeira. Opcionalmente, poderanse presentar de forma presencial no Rexistro do Concello.
- O prazo de presentación será o comprendido entre os días 4 e 21 de xuño de 2021, ámbalas datas incluídas, séndolle de aplicación o disposto neste Bando. As cacharelas poderán realizarse unicamente o día 23 de xuño, podendo permanecer acendidas durante a madrugada do día 24 de xuño.
- Só se autorizan as cacharelas en terreos particulares localizados en solo urbano (núcleos urbanos) e en solo de núcleo rural (núcleos rurais).
- Queda prohibido realizar lume en solo rústico con calquera uso (agropecuario, forestal…), así como en zonas próximas a terreos destas características que sexan susceptibles de causar un lume incontrolado, de
- acordo coa lexislación vixente.
- Medidas preventivas:
- Previamente ao inicio da fogueira, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de longo, rodeando o perímetro que se vai queimar.
- Non se prenderá lume preto de masas forestais ou matogueiras (50 metros de distancia mínima), nin a menos de 15 metros de calquera edificación, tendido eléctrico, instalación de calquera tipo ou vehículo.
- Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Asemade, se iniciado o lume se producise a aparición de vento intenso, procederase a apagalo.
- Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.
- A persoa responsable deberá ter a man medios adecuados para a extinción do lume.
- O montón de materiais que forme a cacharela non poderá exceder de 1 metro de altura.
- Non se abandonará a vixilancia da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.
- Outras medidas/condicións:
- Está prohibida a queima de todo tipo de residuos (materiais en cuxa composición interveña o plástico, colchóns, rodas, aerosois, produtos inflamables ou explosivos…), debido aos gases tóxicos que produce a súa queima.
- Autorización:
- ENTENDERANSE AUTORIZADAS AS CACHARELAS SOLICITADAS SE NON MEDIA DENEGACIÓN EXPRESA PREVIA Á DATA DA CELEBRACIÓN, E SEMPRE E CANDO SE CUMPRAN AS MEDIDAS E CONDICIÓNS SINALADAS NESTE BANDO.
- Responsabilidades:
- A autorización outorgada non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houbera lugar no caso de que o solicitante concorra en neglixencia ou imprudencia.




