“Relacións laborais” – José Manuel Pena

18 Xuño 2021

Din os expertos que manter unhas boas relacións laborais xera satisfacción persoal ao traballador e ao empresario e mellora a produtividade. Para iso xoga un papel importante o conxunto de valores, ideas e actitudes que se viven na empresa, é dicir na súa cultura empresarial.

Cultura empresarial que determina a repartición do poder, a toma de decisións e determina os obxectivos creando a imaxe que a empresa proxecta ao exterior.

Para as medianas e grandes empresas, principalmente, o departamento dos Recursos Humanos é fundamental para mellorar e manter aos empregados motivados así como axudar e mellorar o seu desenvolvemento profesional.

Un dos problemas fundamentais actuais foi a chegada da globalización que trouxo consigo o traslado da forza produtiva dun continente a outro, sempre en busca das mellores ofertas de man de obra. Foi un fenómeno ligado á explotación humana que só fomentou que os empregados permanezan empobrecidos, mentres se concentra a riqueza nos donos desas medianas e grandes empresas que unicamente coñecen e perseguen as ganancias.

Aquí terían que xogar un papel fundamental os propios sindicatos xa que o seu propósito ten que ser o promover e protexer os dereitos dos traballadores, principalmente sobre as condicións de traballo e as táboas salariais e non sempre é así, desgraciadamente.

Outros artigos

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

+

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

+

“Día das Letras, o valor da palabra herdada”. Alberto Barciela

Non é un cartel, nin un nome. A conmemoración anual do Día das Letras Galegas trascende o persoeiro celebrado, incluso a data, por festiva que sexa, para converterse nun referente da importancia cultural dunha lingua, dunha cultura, dun pobo. Un pode estar de acordo...

+

“50 anos dunha inmensa nube negra” – Antón Luaces

O accidente na ría da Coruña do petroleiro español "Urquiola"  vai 50 anos nunca será esquecido por cantos, aquel 12 de maio de 1976, tivemos que vivir -directa ou indirectamente- as consecuencias dun dos grandes desastres marítimos rexistrados en Galicia. E o do...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Arredor das Letras (I)”.  Xosé Antonio López Silva

“Arredor das Letras (I)”. Xosé Antonio López Silva

É xa un tópico sinalar o que revela sobre Galicia ter escollido o 17 de maio como unha das expresións simbólicas da nosa identidade cultural. O país a falar de si mesmo a través da homenaxe a unha figura literaria. A literatura como cerne da vida pública e da propia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.