“Preocupación en Europea pola piratería no Golfo de Guinea” – Antón Luaces

10 Xuño 2021

​Primeiro foi a organización pesqueira OPAGAC a que reclamou unha solución para o problema que a piratería está a xerar no Golfo de Guinea. E agora vén sendo Dinamarca a que aproba o envío á zona dunha das súas dúas únicas fragatas.

Este buque da armada dinamarquesa vai desprazarse ás augas guineanas no vindeiro mes de novembro, cunha dotación de 135 militares dos de 25 teñen unha formación especial para a loita contra e piratería marítima. Pero ao mesmo tempo, os países ribeireños e outros como España, manteñen o seu compromiso de colaboración: España, con patrullas de catro meses dúas veces ao ano, con senllos buques da armada, e os que navegan decote pola zona estudando aplicar ao casco dos buques concertinas e sistemas antiescalas, amais de mangueiras de auga a presión a utilizar no caso de intentos de asalto. Non desbotan tampouco a contratación de persoal armado que, ao igual que en augas do Índico, repelan co seu armamento calquera tentativa de asalto.

España está preocupada por esta situación que, aínda que polo de agora non afectou a ningún buque nacional -os petroleiros con destino a España non teñen bandeira española debido a que pertencen aos países subministradores de petróleo, Nixeria e Angola, esencialmente- si prexudica á economía do Estado por canto a actividade pirata incide negativamente nos prezos dos seguros dos fretes, que os encarecen sobremaneira. Tamén inflúen nos barcos pesqueiros, neste caso si españois, que traen a España atún e pescada, esta última procedente de Namibia.

Aínda que a actividade pirata no Golfo de Guinea non é nova, si é certo que recrúa nos últimos tempos por mor, significadamente, dos graves danos inferidos ao medio ambiente pola actividade extractiva de petróleo e a carencia de horizontes de emprego neto para unha xuventude decidida, como xa pasou no Índico, a non permanecer man sobre man diante dos acontecementos que afectan ás súas respectivas nacións.

Para a Organización Marítima Internacional (OMI) a seguridade máis ca nunca está na súa axenda de prioridades. Tanto se se trata de mariños coma de navíos. As cuestións de seguridade seguen a ser para a OMI fundamentais, tal e como se evidenciou na última sesión do seu comité de seguridade marítima (MSC) celebrada entre o 5 e o 14 de maio.

Perto dun 90% dos danos producidos durante o ano pasado polas accións pirateiras no mar, foron cometidos no Golfo de Guinea, augas que, nen moito menos, son descoñecidas para os mariñeiros españois e, significativamente, para os galegos. Especialmente os da comarca do Barbanza.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.