O Servizo de Deportes de Rianxo organiza unha andaina para subir ao Pico Muralla

28 Xuño 2021

O Servizo de Deportes de Rianxo, en colaboración coa Piscina Municipal, organiza unha andaina para subir ao Pico Muralla.

O percorrido, que terá lugar o 3 de xullo, iniciarase na área recreativa da Laxe e chegará ata o Pozo Bastón. Desde alí subirase ao Pico Muralla para descender ata Ourille e volver ao punto de inicio.

A hora de saída da andaina será ás 8:15 horas da mañá e a dificultade do percorrido será media – alta. Por iso é preciso que participen persoas maiores de 16 anos.

O prazo de inscrición xa está aberto e haberá límite de prazas, por orde de inscrición. Desta forma, os interesados poderán reservar o seu posto na Piscina Municipal de Rianxo ou chamando ao 981 860 086.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.