O Náutico de Riveira faise ao mar coa XX Regata Frinsa – Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey. Será o 19 de xuño

11 Xuño 2021


Torres Colomer, Carregal e Lomba . (remitida)

O Club Náutico e Deportivo de Riveira volve facer á mar coa recuperación dun dos seus eventos deportivos con máis soleira e de tradición na entidade barbancesa. A XX Regata Frinsa, que baixo o nome de Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey, xa ten data, disputándose o sábado 19 de xuño ás 14.00 h.
A cita coa vela de Cruceiro foi presentada esta mañá nas instalacións de Náutico de Riveira, nun acto que estivo conducido polo seu presidente, José Luís Torres Colomer, e que contou coa presenza de Ramiro Carregal Rey, Presidente de Honra e mecenas do evento náutico, así como do Comodoro do Deportivo, José Luís Lomba.
“Este ano é atípica debido á situación actual e dou as grazas por anticipado a todos os regatistas e colaboradores”, comentaba Carregal. “Esperamos que o próximo ano volva ser a gran regata dos anos anteriores”, terminaba dicindo o Presidente de Honra do Náutico de Riveira.
“Estou encantado de que podamos facer novamente esta regata e, segundo os datos que xa manexamos, esperamos xuntar uns 30 barcos”, apuntaba Torres Colomer. “Hai varios percorridos e a idea é dar a máxima luminosidade á regata, xa que será un percorrido moito máis longo que o de anos anteriores”, terminaba dicindo o Presidente do Club Náutico.

Pola súa banda o Comodoro, José Luís Lomba, confirmaba que “esta é a regata máis importante e con maior soleira do club e o campo de regatas é o máis amplo na Ría de Arousa, tentando que a saída sexa o máis preto posible do náutico para facela máis vistosa”, dicía Lomba.
Cinco son os percorridos alternativos que planeta o Comité da Regata Frinsa, e que, dependendo das condicións de mar e vento, navegarán nun rumbo na que a Illa de Rúa será un dos referentes nos trazados costeiros, cunha distancia media dunhas 10 millas, ou na súa falta, un barlovento-sotavento dunhas 8 millas totais.

Momento da presentación

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.