O Lustres Rivas de Ribeira exhibe 23 obras de Plácido Amboage con “Estampas de Compostela”

11 Xuño 2021

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira exhibe ata os 26 de xuño a exposición “Estampas de Compostela”, do artista santiagués Plácido Amboage.
Composto de 23 obras en tinta chinesa e acuarela, a mostra está dedicada en exclusiva á cidade capital de Galicia e os seus recunchos máis simbólicos, emblemáticos ou inéditos a través dunha serie de vistas realizadas in situ polo autor con plumilla —técnica pouco frecuente na actualidade—, empregando ás veces o branco e negro da tinta chinesa e outras a cor.
O acto inaugural, celebrada o pasado venres, contou coa participación da concelleira Juana Brión e do propio autor.
Nado en 1945, Plácido Amboague ingresou na Escola de Artes e Oficios de Madrid logo de estudar Bacharelato en Santiago, a súa cidade natal. Ao longo da súa traxectoria cultiva distintos estilos, decantándose finalmente polo realismo no óleo e acrílico sobre lenzo, cuns trazos sinxelos e harmoniosos onde destaca o paisaxismo e a
pintura, inspirándose en grandes mestres como Doré.
Tamén cómpre destacar a súa faceta como cartelista, con galardóns como o Premio de Deseño Gráfico San Froilán 86, a Semana Verde de Galicia en Silleda ou a Segunda Semana do Mar en Ribeira.
A mostra pode ser visitada de luns a venres de 10 a 14 horas e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.