O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de socorristas acuáticos

10 Xuño 2021

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de contratación de socorristas acuáticos en espazos naturais durante o verán. A presentación de solicitudes debe facerse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ou a través da sede electrónica e o prazo será de cinco días hábiles a contar dende este venres 11 de xuño.
Segundo informa o Concello, as persoas aspirantes deben estar en posesión da titulación mínima de graduado/a en educación secundaria obrigatoria e estar inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, engádese, “as persoas aspirantes deben cumprir cos demais requisitos que se esixen para acceder ao emprego público e non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo”.
O sistema de acceso será mediante oposición libre e constará de tres exercicios de carácter obrigatorio. O primeiro deles será unha proba de comprobación de coñecementos teóricos consistente na realización dunha enquisa de 40 preguntas tipo test. O segundo exercicio será unha proba física na praia de Carragueiros con carreira e entrada á auga co material de salvamento. A terceira proba será de coñecemento de lingua galega.
O prazo de presentación de solicitudes abre este venres 11 de xuño e será de cinco días hábiles. As instancias e toda a documentación requirida debe presentarse no rexistro xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas ou a través da sede electrónica.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.