O Concello de Boiro adquire contedores para a reciclaxe de papel e envases lixeiros en edificios municipais

17 Xuño 2021

O Concello de Boiro adquire contedores para a reciclaxe de papel e envases lixeiros en edificios municipais, co fin de mellorar e aumentar a separación selectiva no municipio, ademais de fomentar os servizos e apostar polos hábitos sustentábeis. Este proxecto levarase a cabo grazas a organización medioambiental sen ánimo de lucro Ecoembes, que colabora activamente co Concello.

Cómpre mencionar que no ano 2020 aumentou progresivamente a cantidade de residuos reciclados, aínda que a gran maioría atopábanse en contedores impropios como o amarelo. De feito, localizáronse elementos como téxtil, vidro, cartón ou cueiros, que non deben ir nesta sección.

Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus, “estase a traballar para que todas as parroquias e núcleos de poboación dispoñan de illas con contedores das distintas fraccións”. Desta forma, no ano 2020 recolléronse na vila boirense uns 30,35 quilogramos de envases lixeiros por persoa, o que supón un incremento con respecto ao ano anterior e unha mellora con respecto á media galega. Na mesma liña, os datos de reciclaxe de papel e cartón son positivos, xa que entregáronse 18,6 quilogramos por persoa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.