O ciclo Sons da Vila amenizará A Pobra cunha vintena de concertos

A música volverá encher diversos espazos da Pobra do Caramiñal co gallo dunha nova edición do Sons da Vila, cuxo cartel, presentado este venres 25 nos seus pormenores, está composto por un total de 22 concertos. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, foron as encargadas de explicar detalles desta proposta organizada polo Concello en colaboración coa produtora Silencio Roto. Segundo expuxeron, a acción está pensada para as terrazas dos locais hostaleiros ao tempo que se contribúe a visualizar os grupos locais e dinamizar a vila.

A programación arranca no mes de xullo con Airband (día 1, Xardíns de Valle-Inclán); Versus (día 2, praza de Maura); Leite con jalletas (día 7, rúa Rafael Calleja); Rockolas (día 8, rúa Unión/praza de Maura); Adolfo FH (día 14, Xardíns de Valle-Inclán); Concierto Descaro (día 15, praza Victoriano García Martí); Sabela King & The Hearthbreakers (día 21, paseo dos Areos); Human (día 22, rúa Unión/praza de Maura); Blow (día 23, praza de Maura) e Mar Davila Trío (día 28, Xardíns de Valle-Inclán).

As actuacións continuarán en agosto da seguinte maneira: Sr. Salvaje (día 5, Xardíns de Valle-Inclán); Caras B (día 6, praza de Maura); Alba & Loren (día 8, rúa Unión/Cantón da Leña); Os Bar Ban Sónicos (día 11, rúa Unión/praza de Maura); Concierto Descaro (día 19, rúa Unión/praza de Maura); Amoenus (día 20, praia da Illa); Human (día 22, Xardíns de Valle-Inclán); Mar Davila Trío (día 25, Xardíns de Valle-Inclán); Culpables (día 26, praza Victoriano García Martí); e Os Bugis (día 27, praza de Maura).

Este evento concluirá no mes de setembro con Caras B (día 3, Xardíns de Valle-Inclán) e Adolfo FH (día 10, praza Paulino Santos).

Tódalas sesións comezarán ás 21.00 horas, agás na xornada do 21 de xuño, que será ás 13.00 horas.