O Centro Lustres Rivas acollerá a mostra Estampas de Compostela de Plácido Amboage

01 Xuño 2021

Do 4 ao 26 de xuño o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira vai dar acollida á exposición Estampas de Compostela, do artista santiagués Plácido Amboage.

A mostra estará adicada en exclusiva á cidade capital de Galicia e os seus recunchos máis simbólicos, emblemáticos ou inéditos a través dunha serie de vistas realizadas in situ polo autor con plumilla, empregando ás veces o branco e negro da tinta chinesa e outras a cor.

O acto inaugural está previsto para o venres ás 21 horas previa reserva en culturaefestexos@ribeira.gal.

O artista

Nado en 1945, Plácido Amboague ingresou na Escola de Artes e Oficios de Madrid logo de estudar Bacharelato en Santiago, a súa cidade natal. Ao longo da súa traxectoria cultiva distintos estilos, decantándose finalmente polo realismo no óleo e acrílico sobre lenzo, cuns trazos sinxelos e harmoniosos onde destaca o paisaxismo e a pintura, inspirándose en grandes mestres como Doré.

Tamén cómpre destacar a súa faceta como cartelista, con galardóns como o Premio de Deseño Gráfico San Froilán 86, a Semana Verde de Galicia en Silleda ou a Segunda Semana do Mar en Ribeira.

A mostra poderá ser visitada de luns a venres de 10 a 14 horas e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.