Durante este curso 21/22 no CEIP Plurilingüe de Outes veñen de desenvolver un proxecto coordinado pola Biblioteca do centro de investigación titulado Mens sana in corpore sano. O proxecto nace co obxectivo de contribuír ao entendemento das nenas e nenos desta situación pandémica. Situación que o alumnado do centro comezara a vivir no confinamento e que de maneira irremediable ía condicionar a vida no centro durante todo o curso escolar.
O luns terá lugar o acto de presentación dos spots realizados para a campaña.