O “Arroutado” devólvelle ao Real de Portosín o Trofeo Gran Faro de Corrubedo

27 Xuño 2021

O Arroutado brillou de maneira extraordinaria na gran cita velística do Barbanza, coa celebración da XXI Regata Ramiro Carregal Rey. O veleiro de José Manuel Pérez recupera para o seu grímpola Real, a do Náutico de Portosín, o Gran Trofeo Faro de Corrubedo que, desde hoxe, volve ocupar as vitrinas do náutico portosinense, en poder do Deportivo de Riveira desde 2019 grazas á vitoria na vixésima edición do Corsario, de Javier Durán.
Coas probas finalizadas izábase como gran vencedor en Regata o Arroutado, seguido do Siradella, de Francisco Gude, tamén representante do Real Club Náutico Portosín, pechando o podio desta División o Corsario, de Javier Durán, do Club de Iates de Villagarcía.
En Cruceiro/Regata, e sen sorpresas, o vencedor foi o Kanala. O veleiro de Ignacio Ecenarro pechou xornada con outros dous triunfos, facendo, do mesmo xeito que o seu compañeiro de grímpola, o Arroutado, triplete na súa categoría. A posto prata foi para o Monterrei, de Paula Fernández, e o do bronce para o Dracco, de Pablo Oliver, ambos tamén de Portosín.
Finalmente, en Cruceiro levaba a Carregal o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Ro Yacht Club. Segundo foi o Orlando, de Gerardo Sánchez-Brunete, tamén do Ro Yacht Club. E terceiro o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro.
A segunda e última xornada da regata amenceu cunha gran encalmada na Ría de Muros e Noia, unhas augas que pronto tomarían forma coa entrada dun suroeste, co eixo no 245, que portaba entre 8 e 10 nós, o que permitiu a celebración dunha primeira manga tipo barlovento-sotavento de 6 millas de percorrido totais. Tras un role na
dirección da compoñente, o segundo bastón, de 8 millas, navegouse con vento do noroeste, ao establecerse o seu eixo no 285, subindo ata os 12 nós.

A entrega de premios celebrouse ás cinco da tarde no Salón Principal do Real Club Náutico de Portosín, un acto presidido por Ramiro Carregal Rey e ao que asistiron o presidente da entidade convocante, Jorge Arán; o presidente do Club Náutico e Deportivo de Riveira, José Luís Torres Colomer; o concelleiro de Deportes do Concello de Porto do Son, Juan Pouso; así como o vicepresidente da Real Federación Galega de Vela, Pedro Piñeiro; o Xefe de Salvamento Marítimo de #Finisterre, Manuel Capeáns; o Patrón Maior da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín, Isaac Gaciño; e os directivos de Portosín, o Comodoro Fernando González e o Vicecomodoro, José García.
A próxima gran cita coa vela de cruceiro organizada en Portosín será unha nova edición da Mar de #Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín, xa no mes de agosto, os días 21 e 22 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

El día que yo me muera me marcharé sin marchar, si tú quieres. Plante ese naranjo, hace años, muchos años, pensando en ti, ahora son tus naranjas, que yo cuide con esmero. El manzano, donde un día yo jugué hoy juegas con tu hijo, mi nieto, recuérdale que un día tu...

“Unha amendoeira na praza da rioxana Alcanadre”. Antón Luaces

“Unha amendoeira na praza da rioxana Alcanadre”. Antón Luaces

O cariñés Valentín Galage -defensor a ultranza do acontecer de Cariño (A Coruña)- espertou a través das redes sociais a curiosidade, primeiro, e o interese, dempois, de quen esto escribe ao se ao se ter feito eco Valentín Galage dun acontecemento que vai desembocar na...