Muros, Esteiro e Torea acollerán este curso novos obradoiros de calidade de vida para persoas maiores

23 Setembro 2026

O Concello de Muros organiza unha nova edición dos obradoiros de memoria Activa a túa mente, dirixidos ás persoas maiores de 65 anos para mellorar a súa calidade de vida.

O Concello organiza de novo estes obradoiros de memoria en Muros, Esteiro e Torea.

“Coidar ás persoas maiores é fundamental para nós e procuramos organizar todo o ano iniciativas neste ámbito, impulsando un envellecemento activo”, informou a alcaldesa de Muros, María Lago.

Pola súa banda, o concelleiro de Servizos Sociais, Mario Martínez Lago, destacou que “este programa é fundamental para mellorar a saúde e o benestar dos nosos maiores, polo que animamos á veciñanza a participar”, agradecendo a colaboración de AFAFES.

As actividades comezan o 5 de outubro e as prazas son limitadas.

O prazo para inscribirse remata o 1 de outubro e pode facerse acudindo ás oficinas de Servizos Sociais ou chamando ao número de teléfono 981 762 465.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.