O 28 de xuño comeza no Náutico do Freixo o reparto de composteiros ás familias de Outes

24 Xuño 2021

En Outes este vindeiro 28 de xuño no Náutico do Freixo ás 20 horas van comezar as xuntanzas informativas sobre os composteiros domésticos que vai distribuír o Concello para fomentar, nas familias, a sustentabilidade en materia de residuos domésticos. As sesións coa veciñanza, nas que tamén se vai facer entrega dos ditos recipientes de materia orgánica, serán sete e desenvolveranse en diferentes lugares do termo municipal até o día 7 de xullo, cando culminarán cunha xuntanza na Serra, na Casa da Cultura ás 20.00 horas.

Segundo informou o Concello, será comunicada telefonicamente ás veciñas e veciños a súa condición de participante no programa Compostamos de Outes, así como a data e lugar de reparto de composteiros.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.