No Son convocado un curso de seguridade en actividades de lecer no mar

23 Xuño 2021

O Concello de Porto do Son vai realizar un curso de seguridade en actividades de lecer no mar. Nesta iniciativa colabora a Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

O curso, de balde, ten unha duración de 3 horas e realizarase o luns 28 de xuño, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura da localidade. A sesión estará a cargo de Manuel Capeáns Álvarez, xefe do Centro de Control de Tráfico e Salvamento Marítimo de Fisterra.

O obxectivo desta actividade é concienciar á poboación da importancia da seguridade e a prevención nas actividades náuticas, así como coñecer e distinguir as medidas para previr os accidentes.

Aquelas persoas interesadas en participar, deberán inscribirse a través do correo electrónico jose.pazo@portodoson.gal .

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.