Mércores con sol e temperaturas subindo

22 Xuño 2021

Durante o mércores a comarca Galicia irá quedando progresivamente na influencia das altas presións. Así, comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos en xeral. Co avance do día iranse abrindo claros. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou con lixeiros ascensos, chegaremos ós 24 graos. O vento soprará de compoñente norte, con intervalos fortes no litoral atlántico.

A noite de San Xoán presentase con ceo despexado, 18 a 16 graos e vento do nordeste cunha velocidade media de 18 a 20 quilómetros/hora.

meteogalicia

Anticiclón de 1031 mb sobre os Azores estendéndose ata o noroeste de Galicia.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 0.5 a 1 metros á tarde e 0 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:223.6 m
Baixamar09:310.6 m
Preamar15:473.7 m
Baixamar21:580.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:123.6 m
Baixamar09:220.7 m
Preamar15:383.7 m
Baixamar21:490.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:173.6 m
Baixamar09:270.6 m
Preamar15:433.7 m
Baixamar21:540.5 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...