Liberado por Irlanda o pesqueiro de Celeiro Punta Candieira. Antón Luaces

04 Xuño 2021

A casa armadora do palangreiro “Punta Candieira”, con base no porto lucense de Celeiro, xa depositou a fianza de 170.000 euros fixada pola fiscalía de Irlanda para responder dos tres delictos de pesca ilegal dos que se lle responsabiliza.
Deste xeito, o pesqueiro galego podería ter abandonado o porto de Cobh, no condado de Corck, onde sin embargo permanece pola vontade do seu patrón, Vicente Meitín Sanjuán, ao igual que os seus quince tripulantes. Estes poden circular libremente pola zona, ata coñpceren, uns e outros, o ditame do Tribunal Penal de Corck diante de quen deben comparecer o martes o citgado patrón para atestiguar en relación ás irregularidades presuntamente cometidas en calidade de capitán do palangreiro.Mentres tanto, no porto de Celeiro, considérase que a autoridade irlandesa non fai se non utilizar a situación do barco galego para lle poñer sordina as protestas dos pescadores irlandeses polos controis intensificados nos últimos tempos que os gardacostas nacionais realizan sobre a súa actividade extractiva e pola esixencia da Unión Europea no que atinxe ás condiciòns que puxeron fin a súa pertenza á Comunidade Europea ata o Brexit.En Celeiro, a xuízo dos membros do Porto e, en particular, da asociación Productores Pesqueros Puerto de Celeiro,  o palangreiro galego sempre mantivo activo o Sistema de Identificación Automática (AIS), estremo este que confirmaban días pasados outros buques galegos que faenaban nas proximidades dos “Punta Candieira” e o irlandés “Lours De Mers”, arrastreiro co que tivo un enfrontamento por mor de que, ao parecer, o barco local viña enriba dos aparellos do galego coa posibilidade de cortalos ao seu paso. Foron precísamente o barcos galegos os que apuntaban a que o irlandés levaba apagado o AIS nas últimas nove horas antes do incidente. O AIS do palangreiro permitía a xeolocalizaciòn de este pola súa caixa azul. Pero o conflito interno poido contribuir  a que Irlanda convertera a desputa entre os dous pesqueiros nunha maneira de contribuir a contentar aos disconformes coa actividade dos gardacostas, convertendo en pesca ilegal o que, ao dicir da frota, non foi outras cousa que en erro pola entrada involuntaria do aparello do barco de Celeiro en augas do interior das 12 millas exclusivas de Irlanda. 

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...