Inaugurouse en Noia unha mostra artística que alerta sobre o grave problema do lixo nas nosas costas

08 Xuño 2021

Os días pasados inaugurouse na Sociedade Liceo de Noia a mostra Arte de Mar, unha exposición de diversas e variadas pezas elaboradas cos refugallos apañados durante os traballos de limpeza dos areais da contorna noiesa programados ao abeiro do proxecto EcoNoia 2021.

O principal obxectivo desta exposición é concienciar sobre o problema do lixo mariño nas nosas costas, un problema que lonxe de diminuír vaia a máis e que precisa de toda a cidadanía para poñerlle freo e solución.

No acto estiveron presentes o alcalde da vila, Santiago Freire Abeijón, a concelleira de Relacións Institucionais, Laura Salgado, a deputada autonómica, Ana García, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, o patrón maior, a presidenta das Mariscadoras de Noia, representantes da Sociedade Liceo e das distintas asociacións que participaron na exposición: Alivavá, Mar de Noia e A Creba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.