En Dodro, o Concello aposta polos hábitos saudábeis no verán con dous campamentos deportivos para a rapazada

09 Xuño 2021

O Concello de Dodro anuncia dúas actividades para que as rapazas e rapaces do termo municipal as subliñen no calendario: dúas actividades de lecer e conciliación para que a formación e os adestramentos físicos non decaian na época estival.

Por unha banda trátase do Campamento de Deportes Alternativos, que se celebra (para nenas e nenos de entre 7 e 15 anos) os días 23, 25, 28, 29 e 30 de xuño, e 1 e 2 de xullo, en horario de 11 a 13 horas. Esta actividade vén da man do Concello e a Deputación da Coruña.

Pola outra, o Concello tamén convocou un Campamento Deportivo de Verán, con deportes tradicionais e (tamén) galegos e todo tipo de actividades saudábeis ao aire libre. Esta actividade vai dirixida a nenas e nenos de entre 7 e 15 anos. Desenvolverase os días 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14, 15 e 16 de xullo. Organiza o Concello e a Deputación.

Para máis información (e inscricións) cómpre chamar ao teléfono 981 802 532 ou ben escribir un correo a deportes@dodro.gal. As prazas son limitadas atendendo á normativa relacionada coa COVID-19.

Outros artigos

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Noia ponse en marcha contra o cancro este sábado 19 de setembro

Este sábado 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC). A saída será ás 17:00 horas desde a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.