Dodro contará cunha senda peonil que mellorará a seguridade de cinco núcleos

16 Xuño 2021

O Concello de Dodro redactará un proxecto técnico para a construción dunha senda peonil que conectará a zona de Manselle coa estrada autonómica AC-205 e o enlace á autovía AG-11. O proxecto que presenta a Deputación da Coruña, consiste nun camiño de aproximadamente dous quilómetros de lonxitude.

O alcalde de Dodro, Xabier Castro sinalou a “importancia para o municipio desta infraestrutura, que mellorará a seguridade das veciñas e veciños dos núcleos de Tallós, Eiro, Tarrío, A Igrexa e Manselle nos seus desprazamentos a pé, para os que actualmente carecen dunha zona de paso seguro, nunha estrada provincial que apenas conta con cinco metros de ancho”. Concretamente, a senda permitirá un acceso seguro para os peóns á Casa do Concello, ao local social, ó campo de fútbol de Chenlo ou á igrexa de San Xulián de Laíño. A maiores, o alcalde de Dodro pediu tamén o apoio da Deputación para un proxecto de sinalización de vías nas que se dea prioridade ao uso ciclista, nas que se limitaría a velocidade dos vehículos de motor e se advertiría da necesidade de gardar as distancias necesarias para efectuar os adiantamentos en condicións de seguridade.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso interesouse tamén polos proxectos que está a desenvolver o goberno municipal de Xabier Castro Tourís para fixar e atraer nova poboación no rural. Entre eles destacan iniciativas como a que desenvolven en colaboración coa ONG Provivienda para ofrecer vivenda a prezo accesible e oportunidades laborais ás familias que desexen fixar a súa residencia en Dodro ou un proxecto que pretende atraer ás familias das áreas urbanas de Galicia ou España que estean interesadas en trasladar o seu lugar de residencia ao rural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...