Detido un veciño de Outes tras serlle intervidas dose de cocaína e cogollos de marihuana

03 Xuño 2021


A Garda Civil de Outes con axentes de Muros detiveron a un home veciño do primeiro municipio como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras serlle intervidas dose de cocaína e varios cogollos de marihuana.

Os feitos sucederon cando unha patrulla do Posto de Muros que realizaba un servizo de prevención da seguridade cidadá na localidade de Freixo-Outes observou nun camiño apartado a unha persoa subida nunha bicicleta apoiada nun turismo, que realizaba “movementos estraños, coma se estivese a intercambiar algo co ocupante outro vehículo”.
Os axentes acharon ocultas entre a súa vestimenta dúas bolsas de plástico as cales contiñan unha substancia branca, supostamente cocaína, que lanzou un valor de 33 gramos tras a súa pesada e sete cogollos supostamente de marihuana.

A Garda Civil procedeu ao rexistro da outra persoa e do vehículo onde atopou un bolso con 3.600 euros en moeda fraccionada, cuxo propietario non achegou ningunha xustificación da súa procedencia.

A Benemérita procedeu entón á detención do primeiro individuo como presunto autor dun delito contra a saúde pública e á incautación das substancias e o efectivo atopado ao non poder xustificar o seu propietario a procedencia do mesmo. O detido, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foi posto ao dispor do xulgado de Instrución de garda de Muros.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.