Boiro prohibe as fogueiras en terreo público e praias durante o San Xoán 2021

04 Xuño 2021

O Concello de Boiro vén de anunciar que non permitirá a realización de cacharelas en San Xoán, na noite do 23 ao 24 de xuño, en espazos públicos e praias. As fogueiras en fincas privadas si serán legais, mais requiren comunicación previa ao Concello.

Deste xeito, as persoas que vaian a realizar unha fogueira privada deben comunícalo antes do 21 de xuño a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 09.00 a 13.30. Esta medida débese a situación de expecionalidade por mor da COVID-19. En todo momento débese dispor de medios para a extinción do lume, e quedar perfectamente apagado antes das 6.00 horas do 24 de xuño.

As medidas están dispoñíbeis na web municipal e taboleiro de anuncias, e son de obrigado cumprimento para tódolos vecinos que realicen fogueiras. O Servizo de Prevención de Emerxencias, os técnicos municipais, a Policía Local e os bombeiros estarán tamén operativos para comprobar que estas medidas se cumpran.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.