Aumento de casos da Covid-19 en Porto do Son, Lousame e Carnota. Sobe a presión hospitalaria en Galicia mentres os casos activos encadean catro días á alza

27 Xuño 2021

A cifra de afectados en Carnota elévase xa a 18, co que a incidencia acumulada a 7 e 14 días sitúase en 461 casos por 100.000 habitantes. Tamén empeora lixeiramente a situación en Porto do Son, que suma un novo incremento ao que xa se rexistrou o sábado. Nunha situación parella está Lousame, que de non ter ningún infectado a sete días está agora na franxa de entre 1 e 9.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.451 deles 471 son da área da Coruña, 189 da de Lugo, 164 da de Ourense, 207 da de Pontevedra, 209 da área de Vigo, 146 da de Santiago e 65 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 36 en unidades de hospitalización e 1.403 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.371 persoas curadas, rexistrándose 2.435 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.350.751.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.636.787.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara

Porto do son en primer plano

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.