Amicos súmase ás conmemoracións pola diversidade afectiva e sexual

28 Xuño 2021

A Asociación Amicos, con sedes en Boiro e Ribeira (dende onde desenvolve multiples frontes para lograr a plena inclusión de persoas con diversidade funcional e cognitiva) súmase a celebración do Día Mundial do Orgullo LGTBI, que se celebra este 28 de xuño e ao longo de toda a semana.

No Centro de Atención Integral de Boiro usuarios e persoal centraron as celebracións a carón dunha das paredes das instalacións, onde se vinilou a bandeira do arco iris coa axuda dos técnicos e usuarios da asociación.

Baixo a etiqueta #orgullo os traballadores e todos os membros do centro sumáronse a sacar fotos no novo muro da diversidade.

Durante estas semanas as e os integrantes da asociación tamén desenvolveron actividades formativas e de sensibilización. “Nós máis que ninguén sabemos o que é ser un colectivo minoritario e moitas veces rexeitado na sociedade, por iso nos unimos a reivindicación dos dereitos das persoas homosexuais”, sinalaron na súa proclama.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.