Adxudicada provisionalmente a construción de beirarrúas na Gándara, en Oleiros

01 Xuño 2021

O Concello de Ribeira adxudicou provisionalmente a construción de 300 metros de beirarrúas nun tramo da estrada AC-550 ao seu paso polo lugar na Gándara, na parroquia de Oleiros, limitando co municipio de Porto do Son.

A empresa que obtivo a mellor clasificación foi Construcciones ANSPAL, S.L. conforme a un orzamento de 39.930€. Houbo 28 ofertas presentadas.

Con estes traballos búscase “aumentar a seguridade no tránsito peonil” e, para alcanzar este obxectivo, reordenarase a zona de tránsito de viandantes construíndo beirarrúas a base dun pavimento continuo de formigón desactivando, tratando de lograr un ancho mínimo de 1,50 metros. Previa á construción destas beirarrúas realizaranse labores de limpeza e demolición das soleiras existentes.

Pluviais

Ademais, instalarase unha rede de drenaxe de augas pluviais consistente na colocación dunha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e arquetas sumidoiro ao longo do percorrido das beirarrúas e paralelo ás mesmas.

A intervención está enmarcada no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ ADICIONAL 1/2019.

O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.