
Mañá sábado zarparán desde os pantaláns do Club Náutico de Riveira unha vintena de veleiros na XXI edición da Regata Ramiro Carregal Rey, que retoma este ano a súa actividade logo do aprazamento a tempada pasada por mor da COVID-19. O recorrido será de 22 millas por toda a Ría de Muro e Noia.
En principio, a regata comezará adentrándose polo pasos do Carreiro ou o de Sagres, ambos coa dificultade que entrañan as pedras, ademais do hándicap do oleaxe. No caso de que esta opción sexa válida, pola seguridade dos regatistas, o Comité da Ramiro Carregal Rey indicaría o contorneo á Illa de Sálvora, navegando polo seu
exterior.
Unha vez adentrados no interior da Ría de Muros-Noia, a navegación será máis tranquila, un momento estratéxico para planear unha boa táctica e chegar co velamen a todo trapo ata as inmediación da entrada ao porto deportivo do Real Club Náutico Portosín, onde estará ubicada a chegada.
A saída está prevista para as 12:00 horas, desde a Ría de Arousa unha previsión de vento do noroeste con intensidades variables. O domingo, e tamén con saída ás 12:00 horas, os tramos máis técnicos celebraranse en dúas mangas polo interior da Ría de Muros e Noia. O real Club Náutico Portosín presente unha excelente flora de veleiros que tratará de facerse co Gran trofe Faro de Corrubedo, tendo representantes nas tres Divisións naturais como son Regata, Crucero/Regara e Crucero, con nomes como o Siradella, Meigas Fora, Kanala, Monte Ulía, Dracco ou Arroutado entre outros.





