A ruta O Cabaleiro das Cunchas, que fará recalada en Portosín, xa ten data de partida

23 Xuño 2021

A Ruta Marítima Xacobea O Cabaleiro das Cunchas, un percorrido marítimo conxunto en augas de Galicia e Portugal, xa ten data de partida. As embarcacións sairán dos peiraos de Bouzas (Vigo) o próximo 31 de xullo para percorrer, entre ambos os países, máis de 300 millas náuticas, uns 555 quilómetros que rematan cunha peregrinación á compostelá praza do Obradoiro e e cunha ofrenda ao Apóstolo Santiago.

Baseada na tradición de Bouzas recuperada por un dos seus fillos predilectos, Paulino Freire, a Ruta de O Cabaleiro das Cunchas está baseada na tradición de A Traslatio do corpo do Apóstolo Santiago, rememorando a lenda do dito cabaleiro, un nobre medieval morto por unha lanza ás beiras da localidade viguesa, sucumbindo no interior das súas augas e devolto á mesma co paso do corpo do Apóstolo, saíndo da mar a lombos do seu cabalo recuberto de cunchas, atribuíndose o milagre ao mesmo Santiago.

Recepción de navegantes no Museo da Navegación de Baiona

A deste ano é a edición XI, unha convocatoria que se ben non se puido celebrar o pasado ano debido á pandemia, regresa agora con toda a enerxía e a repercusión das edicións previas.

Foto de familia en Santiago co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo

A edición 2020 da Feira Internacional do Turismo (FITUR) foi o seu marco de presentación cunha madriña de honra, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen chegou a comentar que “a ruta do Cabaleiro das Cunchas é un bo exemplo dese espírito que compartimos, o da ilusión de vivir o camiño e o de vivir a cultura Xacobea”.

Cidades e vilas como Póvoa de Varzim, Aveiro, Vila Nova de Gaia (a máis ao sur por baixo do Porto), Viana do Castelo, Baiona ou Portosín conforman o amplo periplo náutico, e que conta coa colaboración de todos os municipios nos que a frota de barcos arribará aos seus respectivos portos.

A ruta celébrase desde o ano 2010, promovida pola Asociación de Amigos da Ruta Marítima, co patrocinio do Plan Xacobeo 21-22 e a Correduría de Seguros S4, unindo Portugal con Galicia para levar aos peregrinos até Santiago.

O prazo de inscrición xa está aberto e pódese xestionar en www.rutamaritimadocabaleiro.com ou chamando ao teléfono 647 671104.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.