Os nosos concellos van acoller este verán múltiples actividades saudábeis para a rapazada. En Rianxo, amais das accións programadas polo Concello e os clubs, achégase unha completa axenda de convivencia, deporte e creatividade a través do PequeVerán, organizado pola Piscina Municipal.
Desenvolverase entre o 28 de xuño e o 27 de agosto con actividades en horarios de 10.30 a 13.45 horas e en quendas semanais, quincenais ou mensuais.
Haberá multideporte, natación, repasos didácticos, gymkanas, patinaxe, orientación, sendeirismo, técnicas de relaxación, deportes na praia, xogos en inglés e judo, entre outras moitas propostas.