Un operario resulta ferido en Outes tras caer do tellado sobre o que traballaba

Un home resultou ferido esta tarde despois de caer do tellado sobre o cal realizaba o seu traballo. Ocorreu no concello coruñés de Outes, no lugar de Fontenlos.

Nada máis recibir o aviso por parte dos servizos sanitarios de urxencia, sobre as cinco e cuarto desta tarde, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que colaboraron cos profesionais sanitarios no traslado do ferido desde o lugar onde ocorreu o accidente, nunha zona de obras, ata onde o agardaba a ambulancia. Segundo informaron os efectivos de Protección Civil, o ferido, en ningún momento perdeu a consciencia.