Segunda proba Trofeo Fibralar de Motonáutica Inclusiva en Outes

22 Maio 2021

Os pilotos Pepe Barrio e Pilar Sarmiento ratifican en Outes o seu gran momento, facéndose coa segunda
proba do Trofeo Fibralar que esta mañá acolleu O Freixo. Profetas na súa terra, os noieses lideran o Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, con excepcional dominio tanto no slalom do trazado como na pericia nas probas de destreza, como son o fondeo, salvamento, atracada e elaboración de nós mariñeiros.
De brillante tamén se pode cualificar a actuación dos vigueses José Luís Álvarez e Oswaldo Davila, que foron de menos a máis e nesta cita coruñesa coáronse no podio ata o segundo banzo do caixón, seguidos no bronce polos tamén vigueses Santomé e Piñeiro.
Boa xornada de competición a vivida hoxe no Freixo, cunha excelente meteoroloxía que facilitou o bo desenvolvemento da proba. O colofón final chegaba coa entrega de premios presidida polo concelleiro
de deportes do Concello de Outes, Daniel Rodríguez e que se celebraba nas instalacións do Centro Náutico Municipal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.