O sábado a comarca e Galicia queda na influencia dunha borrasca situada ao oeste de Irlanda e unha fronte estacionaria asociada afectará á nosa Comunidade durante este día. Así, teremos ceos cubertos en xeral, con chuvias persistentes, máis intensas na franxa atlántica. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado a notable ascenso, mentres que as máximas seguirán sen cambios ou en lixeiro descenso. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, fortes no litoral e zonas altas.

O NOS MAR: Vento do sudoeste, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:45 | 0.9 m |
| Preamar | 06:52 | 3.2 m |
| Baixamar | 12:50 | 1.0 m |
| Preamar | 19:06 | 3.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:35 | 1.0 m |
| Preamar | 06:44 | 3.2 m |
| Baixamar | 12:41 | 1.1 m |
| Preamar | 18:57 | 3.3 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 00:40 | 0.9 m |
| Preamar | 06:48 | 3.2 m |
| Baixamar | 12:45 | 1.0 m |
| Preamar | 19:02 | 3.3 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



