Rianxo en Común solicita ao Concello que implante a velocidade máxima de 30 km/h no casco urbano

28 Maio 2021

A agrupación Rianxo en Común presenta, a través do seu voceiro Julián Bustelo, unha moción ao pleno da Corporación relativa á limitación da velocidade do tráfico a 30 quilómetros por hora, unha novidade que entregou en vigor a nivel estatal coa modificación do Regulamento Xeral de Circulación (que reduce a 30 km/h a velocidade en vías urbanas en rúas dun único carril por sentido e a 20 km/h naquelas que ademais teñan plataforma única de estrada e beirarrúa).

Segundo a agrupación rianxeira, a dita modificación da velocidade é “unha oportunidade para establecer o dito límite en todo o casco urbano do municipio seguindo así o exemplo de concellos como Pontevedra, Caldas de Reis ou Carballo, por citar algúns”.

E engaden a agrupación: “Facer isto non só evitaría eventuais confusións derivadas da nova situación, senón que, fundamentalmente, contribuiría a aumentar a seguridade para as persoas, así como a reducir a o ruído ambiental, mellorar a calidade de vida e a mobilidade dos veciños e veciñas”.

Rianxo en Común lembra que os expertos coinciden á hora de afirmar que os 30 quilómetros por hora contribúe a unha meirande harmonía entre peóns, bicicletas e tráfico motorizado, á seguridade para os peóns, a un menor aporte contaminante, e unha drástica redución da taxa de mortalidade por atropelos (o risco de que un peón morra nun accidente de tráfico pode reducirse un 75% cando o condutor opta por viaxar a 40 km/h en vez de a 50 km/h e en máis do 90% cando se opta por viaxar a 30 km/h).

Por todo o devandito, Rianxo en Común propón o seguinte:

1. Que o Goberno local inicie as accións necesarias para implantar a velocidade máxima de 30 km/h no casco urbano de Rianxo.

2. Que o Goberno de Rianxo elabore un informe do actual estado dos pasos de peóns da vila e do conxunto do municipio e realice as mellorar oportunas naqueles que o precisen (pintura desgastada, pouca visibilidade, obstáculos para as persoas con mobilidade reducida, falta de iluminación…), e que proceda a establecer outros novos naqueles puntos máis frecuentados por peóns e nos que non existen.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.