RE-MAR leva a cabo unha limpeza da praia Cabeiro en Porto do Son

20 Maio 2021

– Esta mañá membros da Asociación Amicos levaron a cabo unha limpeza de residuos mariños na Praia de Cabeiro, en Porto do Son a través do proxecto RE- MAR. Os usuarios do centro contaron coa colaboración dos rapaces do IES Porto do Son.

Durante a recollida, achegáronse ata a praia tamén para axudar José Manuel Dean, concelleiro de Medio ambiente e Magdalena Pérez, concelleira de Educación de Porto do Son. Querían coñecer de preto en que consiste este proxecto de protección medioambiental.
Carolina Castro, usuaria do Centro Amicos e participante do proxecto explicoulle aos concelleiros cales son as actividades que levan a cabo para contribuir a sensibilización medioambiental: “Facemos formacións en coles a través do Xogo Lixo Mariño, que é parecido a Oca; educamos en boas prácticas ás cofradías; facemos limpeza de praias, temos un App móbil propia e o distintivo Buque Azul para premiar aquelas embarcacións con boas prácticas na
xestión dos seus residuos”, explicaba Carolina.
O nosos compañeiros xunto coa axuda dos rapaces do instituto sacaron un total de 27 quilogramos de lixo. Os membro do Concello de Porto do Son xa se fixeron cargo do residuos para clasificalos e reciclalos.
Esta limpeza da praia foi posible gracias a colaboración e patrocinio do Grupo Vegalsa.
RE-MAR pretende a redución de lixos mariños a través das persoas con discapacidade como motor de cambio e intenta fomentar a participación de institucións, traballadores do mar e a poboación en xeral.
Esta iniciativa impulsada por Amicos, xunto co Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia en condición de socio, desenvólvese tamén coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa pleamar.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.