Outes presenta a reedición da súa “Guía turístico-cultural”

21 Maio 2021

A Casa da Cultura de Outes acolle este sábado 22 de maio ás 19 horas a presentación da reedición da Guía turística de Outes-. Durante o acto intervirá o autor da obra e presidente da ACC Terra de Outes, o historiador Xoán Mariño, o escritor Xan García e o alcalde da localidade Manuel González.

A obra é a reedición corrixida e ampliada doutra “Guía turística de Outes” que o propio autor elaborara por encargo do entón concelleiro de cultura, Manuel Castro, en 1991 e que tivera unha notable acollida entre o público ata o punto de se esgotaren en pouco tempo a totalidade dos exemplares publicados; uns anos despois foi reeditada con algunhas ampliacións pola Asociación de Empresarios de Outes, co mesmo éxito. Nesta ocasión a revisión consistiu en eliminar presentación, datos desituación, clima, poboación e o apartado enteiro de economía, para deixar espazo a maiores textos de historia, sobre todo contemporánea, arte, co engadido de hórreos e muíños, que non estaban presentes antes, e literatura, coa colaboración de Ramón Blanco, para actualizar datos sobre Añón e engadir referencias aos restantes poetas de Outes. Tamén se modificaron os apartados de hospedaxe e gastronomía para incluír neles todos os establecementos hostaleiros nos cales é posible desfrutar da estancia, os produtos e os servizos máis esixentes. 24 páxinas de información turística (praias, rutas, restaurantes…), pero tamén un repaso ao máis destacado do patrimonio cultural (igrexas,retablos, pontes, escritores…) para ofrecer un motivo de orgullo aos propios habitantes de Outes, que a miúdo descoñecen o importante legado histórico e artístico dos devanceiros. Complétase a guía con gardas en que, ademais dalgúns deseños do pintor Alfonso Costa e un mapa, na contraportada interior, se incorporan uns códigos QR que permiten acceder a senllas versións en castelán e inglés do texto impreso, integradas na web www.terradeoutes.com.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...